O Camiño de Santiago a Fisterra: análise dende o Concello de Dumbría





O camiño de Santiago a Fisterra é para a Costa da Morte un pilar fundamental, posto que supón unha alternativa máis de turismo na zona. 

É evidente que o recoñecemento do camiño está dando os seus froitos, de tal xeito que podemos afirmar con orgullo, que a prolongación do camino de Santiago a Fisterra, o cal posue unha existencia histórica innegable, é hoxe unha realidade consolidada. A dotación de infraestructuras, albergues, a elaboración de guías, etc. contribuíron a que cada vez sexán máis os visitantes que se acerquen as nosas terras. 

No ano 2017 expedíronse máis de 25000 Fisterranas, e quizais un dos factores que inciden no éxito do camiño é un tipo de turismo de reflexión, de carácter espiritual que serve para desconectar do mundo diario, satisfacendo as necesidades dunha nova demanda turística. Hai moitos turistas que realizan o camiño por diversas motivacións, sen que estas sexan exclusivamente relixiosas. O camiño identificase con reflexión, tranquilidade e o contacto coa natureza.



Por outra banda, o camiño ten que servir para mostrar e valorar o noso patrimonio, así como para axudar a mellorar a calidade de vida alí por donde pasa. Sendo una alternativa para o desenrolo socioeconómico dos espazos rurais polos que transcorre. Un claro exemplo témolo no noso concello en concreto na parroquia de Olveiroa, que coa apertura no ano 2001 do primeiro albergue (40 prazas), experimentou un gran cambio, xa que aínda que a gandeiría segue sendo a principal actividade económica, existen outras posibilidades no sector servizos de cara a atención ao peregrino/ turistas como casa de turismo rural, empresas de transporte privado polas diversas etapas do camino, Punto de Información ao Peregrino de Hospital.


PRAZAS EN ALBERGUES DE DUMBRÍA



Olveiroa, Albergue público 40 prazas Prazas privadas 97 e 2 albergues en tramitación Total 178 prazas diarias. 
O Logoso, 24 prazas privadas
 Hospital, 18 prazas privadas
 Dumbría, 26 prazas públicas e 14 privadas. 

Total 40 prazas 

TOTAL CONCELLO: 260

 Se analizamos as fortalezas de esta ruta obtemos: 


• Desconexión da vida urbana
• Forma diferente de socializar cos habitantes das zonas rurais.
• Non está masificado
 • Recursos naturais e paisaxísticos
• Valoración de aspectos culturais, folklore e gastronomía.
 • Ruta multicultural na que conviven disitintas creencias, relixións.
 • Emocións: solidaridade, paz, reflexión
• Comenzo en Santiago, con gran potencial de crecemento ao recoller os fluxos de peregrinos de tódolos camiños. A peregrinación no Camiño de Santiago-Fisterra 


AS TIC NO CAMIÑO 


As TIC teñen una gran importancia na peregrinación e no turismo en xeral aportando multitude de beneficios aos viaxeiros. Porque igual que a literatura e as películas relacionadas co Camiño de Santiago, recordemos por exemplo : Paulo Coelho (Brasil, 1997) Kerkeling (Alemania, 2006) Kim Hyo Sum (Corea) ou a película “The way” de Martin Sheen, A peregrinación no Camiño de Santiago-Fisterra 18 tiveron una grande repercusión no camiño de Santiago, os comentarios e testimonios doutras persoas compartidos nos medios sociais: blogs, foros, Facebook etc. inflúen na opinión das persoas, proporcionando ao destino unha gran publicidade. 




Os viaxeiros leen blogs, escriben nos seus perfís sociais, interaccionando e compartindo emocións e experiencias. Despois da realización da viaxe ou do camiño moitas persoas escriben nos seus blogs ou foros as suas experiencias, facendo que estas permanezan no tempo. 


 Actualmente as opinións emitidas a través das redes sociais inciden nas decisións dun alto nivel de viaxeiros. Estamos ante un novo tipo de peregrinación que busca socializar, compartir e vivir experiencias auténticas. Comparten as experiencias que viven valorando a autenticidade. De modo que a realización do camiño satisface as necesidades da nova demanda turística. A peregrinación no Camiño de Santiago-Fisterra 

A prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra é una realidade, recuperando así unha tradición que tivo un gran arraigo en séculos pasados. Sen embargo a situación actual permítenos mirar ao futuro con optimismo e seguir introducindo melloras para que este camiño siga crecendo. 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: