+ Q LIBROS

+ Q LIBROS Xornadas de Obradoiros e Actividades nas Bibliotecas 2018

Benvido/a ás xornadas de obradoiros e actividades nas bibliotecas do Concello de Dumbría.
Dende o 21 de abril ata o 19 de maio durante tódolos sábados, unindo o día do libro co día das Letras Galegas, imos celebrar unhas xornadas de portas abertas nas bibliotecas para desfrutar destes marabillosos espazos públicos dende outra perspectiva.
Durante estes días poderás participar de espectáculos de maxia, títeres e obradoiros de cociña e manualidades.

As bibliotecas en Dumbría son +Q libros. 
PROGRAMA
> 21 abril
17:30 h
Instalacións do Conco – Dumbría.
Títeres: A Festa de Barriga Verde. Espectáculo de títeres para nenos.
> 28 abril
17:30 h
Casa Cultural de Buxantes.
Obradoiro infantil de cociña.
Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data límite: 26 abril
> 5 maio
17:30 h
Casa Cultural de Berdeogas
Maxia: Apren-Deimi. 
Obradoiro de maxia + actuación.

 Programa Cultura no Camiño 2018

No obradoiro poñeranse en práctica xogos como: desaparición de moeda en vaso, ilusións con gomas elásticas, aparición e desaparición de moedas en panos, corda estragada e recomposta…
Número de maxia que abarca: o escapismo, a cartomaxia, aparicións, transformacións, aparicións de coello,  maxia con lume, levitacións, mentalismo, …. Maxia moi variada e divertida con toques de humor e moi interactivo co público.

> 12 maio
17:30 h
Casa Cultural de Olveira
Obradoiro infantil de manualidades. 
Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data límite: 10 maio.
> 19 maio
17:30 h
Edificio Bitácora – O Ézaro
Títeres: Redoblante e Meñique. 
Conta o titiriteiro a historia do sabichoso Meñique, un neno tan pequecho que durmía na bota do seu pai e tan intelixente que derrotaba aos magos, xigantes e maleficios. O público é participe do espectáculo e o final.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: