A iluminación da Fervenza do Ézaro é un espectáculo que hai que ver. Unha mestura de emocións son os resultado da máxica combinación da natureza, a música e a iluminación.
Antes da era Covid-19, o inicio da tempada de iluminación arrancaba en Semana Santa: o xoves santo, o venres santo e o sábado de 22:00 a 23:00h. No Verán, iluminábase as noites dos sábados e das vésperas de festivos de 23:00 a 00:00h.
A Covid-19 truncou a continuidade deste espectáculo audiovisual, que esperamos poder volver retomar no verán de 2022 (datas aínda pendentes de confirmar).
Estade atentos ás redes sociais do Concello de Dumbría!!
#DumbríaéTurismo #DumbríaéUnica
Deixar unha resposta