CEMITERIO DE DUMBRÍA

 

É o segundo cemiterio municipal de Dumbría e está xunto ao tanatorio de titularidade municipal.

Este cemiterio é de estilo neoplasticista e rompe coa idea tradicional de cemiterio, os grises e tristes de seu. Polos seus trazos, é popularmente coñecido como o “Cemiterio de Cores”. É o cemiterio máis rechamante da Costa da Morte. As súas obras de construción foron terminadas en 2.012. É obra da arquitecta Rosana Pichel, a mesma que deseñou o albergue de peregrinos de Ou Conco e outras instalacións municipais.

Pode definirse como unha necrópole neoplasticista, nome do estilo creado a principios do século pasado polo pintor holandés Piet Mondrian, cuxos cadrados estaban cheos de liñas cruzadas en horizontal e vertical, con cores moi vivas en cada segmento. Tamén destacan as cubertas, que tratan de imitar, ao seu modo, as árbores que rodean o lugar, en Estimán.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: