Fervenza do Ézaro accesible

💦💙♿

Son moitos os monumentos, museos, espazos naturais, aloxamentos e restaurantes de España que ofrecen servizos, entornos e actividades parcial ou totalmente accesibles. Aínda así non son tantos… Cada vez os destinos están máis preparados no referente ao turismo accesible e por isto apostou o Concello de Dumbría, en facer que un recurso natural tan emblemático e espectacular como a Fervenza do Ézaro sexa para todas e todos.

Chegou o día, fíxose derrogar pero por fin a Fervenza do Ézaro é accesible. É o momento de que tanto as persoas con mobilidade reducida, coma as que non, as que leven carriños de bebés, etc… poidan gozar por igual da Fervenza do Ézaro.

Ata hai uns días para chegar á Fervenza do Ézaro era necesario baixar por unha antiga escaleira de pedra para logo enlazar coa pasarela de madeira. Pois agora, grazas á senda das sensacións xa non hai que empregar esa antiga escaleira, senón que tan só hai que gozar desta nova construcción, unha liña branca suspendida sobre a auga. Obra de enxeñería do arquitecto Antonio González Serrano, executada polas empresas Ogando e López Cao e financiada polo GALP Costa Sostible, o canon eólico, a Deputación da Coruña e o Concello de Dumbría.

Aínda queda moito por facer para que sexa accesible a todos os niveis, pero a Fervenza do Ézaro vai por bo camiño, nunca mellor dito, eliminado barreiras.

#DumbríaéTurismo #DumbríaParaTodos #DumbríaéAccesible

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: