SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA EN GALICIA

Resolución 13 marzo de 2020, Xunta de Galicia declara a situación de Emerxencia Sanitaria en Galicia e actívase o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga), como consecuencia da evolución da epidemia do 🦠 coronavirus COVID-19. Acorda:

  1. ☣ Situación de EMERXENCIA SANITARIA GALICIA.
  2. 🚑 PLAN TERRITORIAL DE EMERXENCIAS de Galicia.
  3. 🔴 Centro de Coordinación Operativa (CECOP).
  4. 📜 Poderán ditarse ordes e instrucións que afecten aos dereitos da cidadanía e adoptar medidas de obrigado cumprimento.
  5. 🔓 A desactivación do Plan será declarada formalmente polo seu director, unha vez superada a situación de emerxencia.
  6. ♻ Declaración de emerxencia sanitaria en Galicia enténdese sen prexuízo das competencias estatais e das medidas que aprobe o Goberno, e en coordinación con elas.
  7. 🎫 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADES DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (OCIO) contados dende a publicación no DOG nas seguintes áreas: cines, teatros, auditorios, circos, establecementos de espectáculos deportivos, recintos feirais, casinos, salas de bingo, salóns de xogo, tendas de apostas, estadios deportivos, pavillóns deportivos, recintos deportivos, pistas de patinaxe, ximnasios, piscinas de competición, piscinas recreativas de uso colectivo, parques acuáticos, salóns recreativos, parques multiocio, museos, bibliotecas, salas de conferencias, salas polivalentes, salas de concertos, restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías, bares, establecementos para actividades zoolóxicas-botánicas-xeolóxicas, salas de festas, discotecas, pubs, cafés-espectáculo, furanchos e centros de ocio infantil.
  8. 🍽 ESTABLECEMENTOS DE RESTAURACIÓN (cafetarías, bares e restaurantes) 🛵 poderán prestar SERVIZO DE ENTREGA A DOMICILIO ou RECOLLIDA NO LOCAL para consumir en domicilio.
  9. Bares e restaurantes localizados en establecementos hoteleiros ou no interior de instalacións destinadas á prestación de servizos públicos: actividade limitada estritamente aos clientes aloxados ou a traballadores das instalacións.
  10. 🛍 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADES DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (COMERCIO) contados dende a publicación no DOG; a 🍊 EXCEPCIÓN dos establecementos de ALIMENTACIÓN e PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE (CNAE-2009).
  11. 🛁 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (TERMALISMO) contados dende a publicación no DOG: balnearios e espazos termais.
  12. 👣 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (CAMIÑO) contados dende a publicación no DOG: albergues de peregrinos da rede pública da Xunta de Galicia.
  13. REDUCIÓN DA CAPACIDADE DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (CULTO) contados dende a publicación no DOG: edificios de culto, tanatorios, … Reducindo a súa capacidade máxima a 1/3. Nos cortexos fúnebres reducirase a un máximo de 25 persoas.

#COVID19 #FREEMOSACURVA 🤚 📈 #QUEDANACASA 🏠 #EUQUEDONACASA

Os empregados da sanidade, dos supermercados, das farmacias, da limpeza, … Grazas a todos eles que están traballando arreo para superar esta crise sanitaria! GRAZAS!

Pénsao ben, ti tan só tes que quedar na casa e lavar as mans, tan difícil é?

LEMBRA:

  • Non todo o que se publica en internet é real, moito ollo coas fake news que poden facer moito mal.
  • Mantén a calma.
  • Queda na casa.
  • Busca algunha ocupación para facer na casa. Seguro que hai algo que tiñas ganas de facer dende hai tempo e non tiñas tempo para facelo. Agora pode ser o momento!
  • Lava as mans con auga e xabón.
  • No caso de ter síntomas relacionados co COVID-19 (dificultade respiratoria, tos seca e febre) chama ao 900 400 116.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: