SUSANA SAMBADE

Susana Sambade

ABRIL, MES DOS LIBROS. 2020

Ao longo deste mes de abril, estivemos achegándovos a obra de autoras de aquí, de mulleres vencelladas dun ou doutro xeito ao noso concello.

ALGÚNS DATOS SOBRE SUSANA

Susana Sambade Casais naceu en Londres, filla de pais galegos, do Ézaro, en Dumbría.

A súa formación académica e profesional desenvólvea no Reino Unido, onde amosa diferentes inquedanzas polo mundo das artes, a cultura e as novas tecnoloxías. A lectura e os libros sempre estiveron moi presentes na súa traxectoria e hoxe queremos descubrir un pouco máis das súas creacións.

OS LIBROS

Título: Poesías de una soñadora adolescente

Autora: Susana Sambade

Editorial: Amazon

ASIN: B00I3HCV9K

SINOPSE:

Escolma de poemas dunha Susana adolescente. Intereses e sentimentos dunha mociña...

Os lectores opinan:

Great read, enchanting and enriching .I highly recommend if you want to enlighten yourself, this lady has a gift! Thanks

Título: The Who To The House

Autores: Susana Sambade e Tony Wailey

Editorial: Ikraal Media Solutions

ISBN: 9780958508834

LINGUA: inglés


SINOPSE:

Esta publicación baséase en dúas exposicións, ambas igualmente importantes dentro da historia cultural dos anos sesenta e setenta. A primeira é unha serie de imaxes icónicas de The Who antes do seu gran momento en 1966 e a segunda, The Black House amosa uhna zona pobre de Islington, no norte de Londres, case unha década despois. Ambas exposicións estiveron no London College of Communication entre 2007 e 2008 e ambas foron inspiradas polo traballo do fotógrafo Colin Jones. 

Título: DOG KENNEL BLUES Poems and Images from two Continents

Editores: Susana Sambade e Tony Wailey

Editorial: Ikraal

ISBN: 9780958508827

LINGUA: inglés


SINOPSE:

Esta publicación baséase nunha exposición de poesía e arte inspirada en temas sociopolíticos das últimas tres décadas da historia de Sudáfrica. Os gravados en linóleo e as diferentes obras de arte son un poderoso rexistro de tempo e lugar. Máis alá das imaxes hai unha retórica notable sobre a identidade africana, expresada no estilo dos suxeitos e a visión do entorno.

ENTREVISTA

1. Como xorde a idea de escribir este libro?

Na miña adolescencia, Flora, a miña profesora de clases particulares no verán, para axudarme a mellorar o castelán deume a ler Gustavo Adolfo Bécquer, coas súas poesías; e “O bosque animado” de Wenseslao Fernández Flórez. Tratei de escribir poesías e contos coma eles, usando o meu entorno como inspiración, que naquel momento era O Ézaro: natureza, cultura e xente. Despois, en Londres, Rosalía de Castro e Castelao eran a miña inspiración para capturar a morriña que sentía. O título xurdiu porque as poesías foron escritas cando era unha adolescente. Andrés Suárez, Pepe do Fieiro, Elba Shin, Maribel Rodríguez (Ézaro) e Belén Maldonado axudáronme a seguir perfeccionado o meu estilo, ademais do meu castelán.

2. De que trata a obra?

Aborda temas e sentimentos que marcaban aquela época. A morriña, como dixen antes, as festas, “amores”, meu avó, que morrerá cando tiña 10 anos…Vamos, cousas que son tan importantes cando es adolescente. Por iso non cambiei nada do que escribín ao editar, porque aínda que xa non son a mesma, segue formando parte de min.

2. Dende cando escribes? Tes outras publicacións?

Acórdome que sempre me gustou inventar contos. Aos 11 anos foi cando por primeira vez me atrevín na escola inglesa a escribir unha poesía sobre a neve para un concurso. Publiquei varios libros e artigos académicos en Inglés. Unha poesía miña en Inglés está no libro “Dog Kennel Blues”, editado por Tony Wailey, e eu. Contén tamén un artigo académico escrito polos dous sobre comunidades de práctica.

3. Que significa para ti poder escribir e chegar a tantas persoas coa lectura e as letras?

Cando escribo, estouno facendo para min. Entón, cando alguén le algo que escribín e me contan, por exemplo, como se identifican cun sentimento e a súa interpretación do escrito, facéndoo seu, pois é interesante. Algúns pensan que escribín sobre eles e faime gracia porque o que escribo é un popurri de diferentes aconteceimentos e persoas que vivín o viviron outros.

4. A quen admiras como escritor ou escritora?

Difícil pregunta, son muitos! Pero, se teño que escoller, sería J.K.Rowling, non polo éxito enorme que tiveron os seus libros senón que, a pesar de pasar momentos moi duros na vida, ela seguiu escribindo porque era a súa paixón dar vida a eses personaxes e ás súas historias. Investigou moito para crear un mundo que fose crible aínda que fose fantasía e nótase. O acto de escribir axudoume neses momentos, da mesma maneira que algúns van pasar unhas horas na leira plantando cebolas non só para comer senón tamén para distraerse, calmar a mente. Para min escribir, coma plantar cebolas ten o mesmo efecto, pois quero descubrir co tempo como vai saír. Pero, saia como saia, vale a pena intentalo. Sempre se aprende algo.

5. Que consellos lle darías aos nosos veciños e veciñas de Dumbría para que leran máis?

Busca libros, cómics, o que sexa do tema que che interesa. Le un libro aínda que sexa só 5 minutos antes de durmir, no autobús, na cafetería esperando por uns amigos ou esperando para que o cocido que fixestes estea listo. Mentras, sumérxerte dentro das páxinas. Pode ser beneficioso para a saúde, pois nese tempo sácache dalgún xeito do mundo real. Pero non te olvides do cocido!

6. Tes algún libro máis, pendente de publicar?

Teño unha novela, unha colección de contos, máis poesías…Pero todo leva o seu tempo.

7. Que libro ou libros estás lendo neste momento?

Son unha persoa que le varios libros ao mesmo tempo. Depende do que me apeteza ler naquel momento. É un pouco coma ver diferentes series en Netflix á vez. Un que estou lendo en castelán é “Magic Book”, de Raúl de Tomás, Ángel Torres e Ana Vázquez. É un libro interactivo porque o lector ten que facer trucos máxicos para axudar á protagonista. Gústame probar libros que proban a facer algo innovador coma isto.

8. Gústache ler en dixital ou prefires o papel?

Agora vaime gustando máis o kindle porque podo ler os libros co tipo de letra “Opendyslexic” que é perfecto para xente coma min, que somos disléxicos. Podo tamén cambiar o tamaño da letra, o color do fondo, se non sei unha palabra toco e xa me dá a explicación, e podo levar tantos libros como queira a todos os lados. Kindle aplicación pódese ter tanto no móbil coma no ordenador, entón sempre o tes á man. Eu teño kindle paperwhite, que dá a sensación dun libro e podo desconectar sin notificacións. Confeso que boto de menos o sonido de pasar as páxinas e o olor a libro. Aínda compro libros en papel, especialmente se conteñen ilustracións.

9. Que autor ou autora da Costa da Morte che gustaría recomendar?

Pepe do Fieiro, pois escribe sobre o que primeiro me inspirou O MONTE PINDO.

Outras entrevistas neste blog a autores e autoras vencellados a Dumbría, ben polo seu nacemento, os seus lazos familiares ou a temática e inspiración da súa obra:

https://dumbriaecultura.wordpress.com/2018/08/20/modesto-garcia-quintans/

https://dumbriaecultura.wordpress.com/2018/08/13/pepe-do-fieiro/

https://dumbriaecultura.wordpress.com/noelia-castro/

https://dumbriaecultura.wordpress.com/2017/12/26/entrevista-a-isabel-garzo-autora-de-los-seres-infrecuentes/

https://dumbriaecultura.wordpress.com/2018/08/20/xaime-trillo/

https://dumbriaecultura.wordpress.com/2020/04/10/laura-suarez/

https://dumbriaecultura.wordpress.com/2020/04/16/ana-escudero/

#DumbríaéCultura #AbrilMesDoLibro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: