🗺 Vilafernández – ED

“A Fervenza, un punto de encontro para as aves e os seus amantes”

HIDROELECTRICIDADE

A enerxía hidráulica foi empregada dende a antigüidade para moer a fariña e para realizar outras tarefas. No Concello de Dumbría a hidroelectricidade ten unha marcada presenza.

Son catro os encoros existentes no río Xallas-Ézaro, cuxa principal función é a de controlar o caudal do río para o funcionamento das centrais hidroeléctricas e como abastecemento de auga para outros concellos da zona.

O encoro que se atopa no primeiro tramo do río é o Encoro da Fervenza, un dos máis importantes da provincia da Coruña. Abrangue terreos dos concellos de Dumbría, Mazaricos, Vimianzo e Zas. Foi construído en 1967.

Hai máis de 50 anos que gran parte da parroquia mazaricana dos Vaos quedou baixo as augas do río Xallas debido á construción do encoro. Ducias de familias tiveron que abandonar as súas vivendas e as súas terras. Agora só quedan a igrexa, o cruceiro e as sepulturas que foron trasladadas, pedra a pedra, ata a aldea do Niñán.

Esta presa xera parte da enerxía que emprega Xeal nas súas fábricas de ferroaleacións. Antigamente o que agora é o encoro da Fervenza, era unha canteira de rutilo ou óxido de titanio, un mineral estratéxico entón empregado sobre todo na soldadura como material para os eléctrodos. Aínda que tamén se empregaba na época como substituto do diamante para producir xemas ou como base de titanio metálico. Hoxe en día, este tipo de material emprégase na tecnoloxía láser.

Explora Dumbría – Vilafernández – Olveira – Dumbría

OBSERVACIÓN DE AVES

Galicia está situada nun punto estratéxico da xeografía, a cabalo entre dous mundos diferentes, a rexión atlántica e a mediterránea, o que lle permite atopar nun reducido espazo especies características destas dúas áreas bioxeográficas.

AULA NATUREZA DE VILAFERNÁNDEZ

A área recreativa de Vilafernández localízase nun paraxe inigualable, ao carón do encoro da Fervenza. Esta área conta cun parque infantil, un refuxio con chemineas a disposición de calquera usuario previa reserva e sen custe, ademais de aseos e de varios puntos de observación de aves.

Dende o observatorio ornitolóxico pódese contemplar un amplo espazo natural poboado de aves acuáticas de diferentes especies onde atoparon un lugar no que vivir, especialmente no inverno, cando acolle aves procedentes de latitudes máis setentrionais.

A profundidade do Encoro da Fervenza non é moita, polo que é un bo lugar para observar aves que se alimentan no fondo e capturan peixes mergullándose.

MELLOR ÉPOCA: De decembro a marzo e de setembro a outubro.

PUNTOS CHAVE:

  • Os campos que rodean o encoro en inverno son un bo sitio para observar o escaso pimpín do norte e os tordos reais.
  • Nas augas abertas do encoro é frecuente o mergullón cristado todo o ano e, no inverno, o pato chupón e o cormorán moñudo.
  • En primavera e outono podemos ver outras especies en migración como a gaivota escura ou o a gaivina negra.
  • En primavera podemos observar o millafre negro e o falcón peregrino.

É, sen lugar a dúbidas, un lugar paradisíaco para os amantes da ornitoloxía.

#Dumbría #DumbríaéTurismo #ExploraDumbría #EncorodaFervenza #Vilafernández

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: