🗺 Muíño Louredo – ED

Facendo esta ruta visitarás algunhas das zonas de maior interese etnográfico do Ézaro, entre as que destaca o reconstruído Muíño de Louredo.

Son varios os muíños que poden verse no Ézaro ao longo do curso do río Rosa. Un dato curioso é que os muíños herdaban os seus nomes de alcumes dos seus antigos propietarios, da súa antigüidade ou ben de nomes senlleiros, destacando nomes como: o Muíño da Rejacha, o de Roque, o Vello ou a Moíña, entre outros.

O emprazamento do Muíño de Louredo debía ser ideal para o mel, xa que existen restos de antigas alvarizas de pedra situadas ao seu carón, e tamén outras máis novas nos seus arredores.

Explora Dumbría – Muíño de Louredo – O Ézaro – Dumbría

Era habitual que o muíño fose de varios propietarios, tendo cada familia asignado un día determinado para ir moer o millo. No caso de non poderen acudir no seu día, debían agardar ata a quenda da semana seguinte.

O tramo do río onde se localizan o maior número de muíños tamén era empregado para lavar as roupas de cama e poñelas ao clareo.

Características da ruta CIR Monte Pindo – Muíño de Louredo.

  • Lonxitude do trazado: 4.000m (+/-)
  • Pendente media: 6%
  • Cota de inicio: 7 msnm
  • Cota de fin: 91 msnm
  • Desnivel: 84 m
  • Dificultade: media – baixa
  • Duración: 1:30h (ida)

Funcionamento do muíño:

A auga do río é canalizada ata o embude que se atopa detrás, no caso do Muíño de Louredo. Esta auga cae batendo contra o rodicio activándoo e poñendo en movemento, a través do eixo, a pedra circular chamada “moa”; a encargada de desfacer o millo mentres choca coa outra pedra chamada “pe” e saíndo así a fariña.

Xa o teríamos todo para comezar a amasar e a facer empanadas de millo… mmmm… Quen se apunta??

#DumbríaéTurismo #ExploraDumbría #MuíñoLouredo #Ézaro #Dumbría

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: