🗺 A Ponte Olveira – ED

A Ponte Olveira é un pobo que, xunto co lugar de Olveiroa, pertence á parroquia de Santiago de Olveiroa.

O Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía arranca no Concello de Dumbría a través da ponte da Ponte Olveira; unha ponte romana situada sobre o Río Xallas.

Neste enclave tivo lugar unha encarnizada loita o 12 de abril de 1809 cunha tráxica derrota dos dumbrieses.

Explora Dumbría – A Ponte Olveira – Olveiroa – Dumbría

A chegada do exército francés a Galicia, perseguindo ao inglés, capitaneado por Moore, deu lugar o 16 de xaneiro de 1809 á encarnizada batalla de Elviña, na Coruña.

Parte deste exército dirixiuse a Santiago e, dende alí, á comarca de Fisterra. Os veciños, coñecedores do seu paso polo río Xallas no lugar da Ponte Olveira, organizáronse para facerlle fronte a través da creación dunha Xunta de Defensa con domicilio en Corcubión. Nela participou, entre outros, o cura do Ézaro, Juan Domingo Pizpieiro.

A feroz batalla na Ponte Olveira traduciuse nunha brutal derrota e perda de vidas humanas por parte da veciñanza. Moitos dos cadáveres foron recollidos varios quilómetros río abaixo. O exército francés, formado por uns 2.000 soldados eufóricos pola vitoria, continou o camiño cara Cee e Corcubión deixando tras de si máis mortes e destrución. Queimaron os arquivos parroquiais de Olveira e Olveiroa. Esnaquizaron a capela, o cruceiro e parte do lugar de Hospital. Aniquilaron aos habitantes e o caserío do lugar de Casas de Maias, queimaron a capela e mataron aos habitantes do lugar de Fonte Santa, en Buxantes.

Pouco máis adiante da ponte, continuando en territorio dumbriés, hai unha finca onde tiña lugar unha primitiva feira de gando, xa desaparecida en 1955.

#DumbríaéTurismo #ExploraDumbría #PonteOlveira #Olveiroa #Dumbría

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: