A Presa da Laxe está situada na parroquia de Santiago de Berdeogas, moi preto da aldea de Chaín, aínda que o mellor acceso para chegar a ela é a aldea da Farrapa.
De camiño á presa, accedendo pola Farrapa, atopámonos cun conxunto de seis muíños. O máis grande recibe o nome de Muíño da Laxe, polo que se presume que é o que lle da nome á presa.
Esta presa está no curso do río Alvarellos; o cal nace no monte Cabral e ten aproximadamente uns 9km de longo e uns 350 metros de desnivel. Este río atravesa practicamente toda a parroquia de Berdeogas e vai desembocar ao río Castro.
Así mesmo, este río tamén e coñecido por ser o que atravesa a Carballeira de Berdeogas, lugar onde se celebra a Festa da Familia. Unha romaría familiar e campestre que, de non ser pola COVID-19, tería lugar este domingo (19 de xullo de 2020).
Estrutúrase en dúas pozas unha máis grande ca outra. Trátase dun lugar moi querido pola xuventude de Berdeogas; o lugar a onde soen ir para aprender a nadar.
#Dumbría #DumbríaéTurismo #PresadaLaxe #Berdeogas #ExploraDumbría
Deixar unha resposta