En 2006, no primeiro ano de conmemoración do Día Internacional das Vítimas do Holocausto, o Concello de Dumbría celebrou un acto na Casa Cultural de Berdeogas na que se homenaxeaba a figura de Máximo Ingilde Maceiras (natural de Olveiroa), heroe da Resistencia francesa na loita contra os alemáns; así coma as dos veciños de Dumbría dos que tiñamos constancia que faleceran nos campos de exterminio nazi, Silvestre Alvite Miranda (de Regoelle), Manuel Piñeiro Agulleiro (de Alvarellos) e o propio Manuel Rodríguez Louro (do Ézaro).
O domingo 13 de setembro a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica – ARMH organiza no Ézaro un acto de homenaxe a Manuel Rodríguez Louro, Marrolas, nacido no Ézaro en 1916. Ás 11:00 h, no Edificio Bitácora presentarase o libro “Manuel Rodríguez Louro. Do Monte Pindo a Mauthausen”, obra de Francisco Fernández Naval. Ás 12:00 h, na Casa de Pedra, CIR Monte Pindo, descubrirase unha placa na súa honra.
Manuel era mariñeiro. Na primavera de 1937 fuxiu con outros moitos mozos ao monte Pindo. Escapou por mar e chegou a Bristol no mes de outubro. De alí é deportado á España republicana, entrando en Cataluña dende Francia. Despois da derrota das tropas republicanas, cruza a Francia, onde foi mobilizado nos batallóns de traballo do exército francés. Trala derrota de Francia e a ocupación alemá, foi deportado ao campo de exterminio de Mauthausen, onde, como di Luis Lamela no artigo ligado máis abaixo, foi escravizado ata a extenuación.
Acto de homenaxe a Manuel Rodríguez Louro, veciño do Ézaro deportado ao campo de concentración de Mauthausen.
📆 DOMINGO 13 SETEMBRO DE 2020
📌Edificio Bitácora. Ézaro ⏰11:00 h
📌Casa de Pedra. CIR Monte Pindo. Ézaro ⏰12:00 h
❗️AFORO LIMITADO como medida de precaución ante a covid19
+ info: Deixámosvos ligazóns a artigos da Voz de Galicia, falando da historia de vida destes veciños:
👉 El exterminio nazi en los vecinos de la Costa da Morte. Luis Lamela: https://bit.ly/3i8Au8v
👉 Los caídos en Mauthaysen: Manuel Rodríguez Louro, de O Ézaro. Luis Lamela: https://bit.ly/2ZbLhY4
👉 Los caídos en Mauthausen: Manuel Piñeiro, de Berdeogas. Luis Lamela: https://bit.ly/35d47SL
👉 Los fallecidos en Mauthausen. Silvestre Alvite Miranda, de Olveira. Luis Lamela: https://bit.ly/2R1jAgj
👉 Un dumbriés puso contra las cuerdas a los nazis en Francia. Máximo Ingilde Maceiras. E.E: https://bit.ly/3h4x0mf
Deixar unha resposta