🎅 Ao longo desta semana, Papá Noel falará con todos os nenos e nenas que asisten ás clases de informática nas diferentes Casas Culturais.
Se o teu neno/a non está asistindo a estas clases, pero queres que Papá Noel contacte con el/ela, chama ao Concello, ou pregunta na túa casa cultural, e xestionámoslle unha cita co Polo Norte.
📫 Nas Casas Culturais atoparedes caixas de correo nas que depositar as vosas cartas a Papá Noel, o Alpalpador, ou os Reis Magos.
👨🍳👩🎨 A partir da vindeira semana levaranse a cabo obradoiros de cociña e manualidades infantís. Realizaranse en quendas e grupos pequenos.
🎼🎭🎩 Tamén teremos música, maxia, títeres e contacontos.
👑 A tarde do 5 de xaneiro, as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.
OLLO! Os aforos estarán limitados en todas as actividades, con preferencia de entrada para o público infantil.
😷 Será obrigatorio o uso de máscara en todas elas.
#DumbríaéCultura #Dumbría

Deixar unha resposta