Natureza

O clima do Concello de Dumbría é oceánico, con temperaturas suaves reguladas pola proximidade do mar. Dumbría conta cunha ampla variedade de hábitats e de especies animais e vexetais que provocan que parte da paisaxe de Dumbría se inclúa como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Carnota-Monte Pindo, integrada na Rede Natura 2000 e declarada en 2004 Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).

A paisaxe de Dumbría ofrece, grazas ao seu clima e á súa orografía, unha gran riqueza e diversidade paisaxística. Poderás pasear polas praias de fina area, subir a graníticas montañas, percorrer vales e contemplar ríos de xenerosos caudais. A natureza en Dumbría é un arte!

Destaca a importancia de miradoiros únicos como o do Monte Pindo e o do Ézaro, onde poderás contemplar inesquecibles postas de sol.

A constitución granítica dos montes agasalla con formacións tan caprichosas como incribles, tales como a Pedra do Brazal, un milagre de equilibrio natural. A existencia de paraxes cun gran valor ecolóxico como a área de Vilafernández, que destaca pola súa flora e fauna autóctonas.

Pedra e auga son os dous elementos máis importantes da súa paisaxe. A pedra ademais, non só como recurso natural, senón tamén como arqueolóxico e histórico empregado nos castros, dolmens, igrexas, cruceiros, pontes,…

#DumbríaéTurismo

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: