Dumbría ACTIVA

Dumbría ACTIVA é outra forma de facer turismo, unha na que o turismo e o deporte ao aire libre van da man.

  • RUTAS:

2

A mellor maneira de descubrir estas terras é a pé; camiñando sen présa, percorrendo os seus lugares cheos de xoias naturais. Dumbría conta con varias rutas que te achegarán aos lugares máis fermosos e impresionantes da Costa da Morte.

Ademáis das rutas que poidas confeccionar de maneira persoal, o concello leva a cabo unha serie de camiñatas aptas para o público xeral, como son as chamadas “Andainas”, percorridos cunha loxitude máxima de 15km, que tratan de visitar os lugares con gran riqueza natural e patrimonial, dando a coñecer a historia de cada lugar, as igrexas, os dólmens, os petróglifos, as pontes romanas, os ríos, os encoros, a montaña, o camiño Xacobeo,…

Pero ademáis de todo isto, o Concello de Dumbría dispón do Centro de Interpretación de Rutas (CIR) Monte Pindo e Fervenza do Ézaro, onde poderás visitar o museo e informarse das diversas rutas para facer pola túa conta ou apuntarse ás rutas guiadas que durante o verán suben á Moa; a cima do Monte Pindo.

  • CAMIÑO DE SANTIAGO:

5

No seu máximo traxecto, o Camiño de Santiago cara Fisterra-Muxía atravesa o corazón das impresionantes terras de Dumbría. Este percorrido está impregnado de antigas tradicións e lendas como a do Vakner; o monstruo que devoraba os peregrinos. En ca cada recuncho atoparás pegadas do pasado, vestixios dun impresionante patrimonio histórico e arqueolóxico, salpicado de mámoas, castros, dólmes, vestixios da romanización e guerras napoleónicas. Descubrirás unha natureza de bosques fermosos, caudolosos ríos e a Fervenza do Ézaro; a única de Europa en precipitarse directamente ao océano Atlántico con este caudal.

Durante o percorrido terás múltiples servizos coma o Punto de Información ao Peregrino, dous albergues municipais abertos todo o ano e restaurantes para xantar. Un lugar para gozar da calor das súas xentes, das súas tradicións gastronómicas e das súas singulares festas.

  • KAIAK:

6

Se es un amante das novas experiencias e gústache descubrir outra forma de ver as cousas, “Fervenza en Kayak” vaite encantar. Só tes que ter máis de 7 anos, os menores de 10 deben ir acompañados por un adulto en kaiak dobre. Grupos: recoméndase con marea chea e socorrista.

Súbete a un kaiak e durante unha hora percorre a desembocadura do Río Ézaro polos mesmos lugares onde os vikingos reparaban os seus navíos; nun marco de incomparable beleza aos pés do Monte Pindo, e vive en primeira fila o espectacular salto de 40m da Fervenza do Ézaro precipitándose ao mar.

Tempo > 1 hora con monitor e socorrista.

Percorrido > Fervenza e desembocadura do Río Ézaro.

Material > Kaiak, chaleco e remo.

Servizos > WC e duchas.

Prezo > 12€ kaiak individual / 20€ kaiak dobre.

  • BICI:

4

Ademáis do seu gran mito a nivel ciclista como é o Gran Fondo Ézaro, Dumbría ten unha gran riqueza para a práctica do ciclismo en montaña ou BTT, con pistas aptas para a práctica deste deporte.

Cada ano, o Concello de Dumbría en colaboración co club local de ciclismo (Club Ciclista Dumbría), organiza unha marcha cicloturista de montaña. O percorrido oscila entre os 35km e os 45km e a dificultade pode variar. Os participantes poden gozar de distintos percorridos con diferentes niveis de dificultade e visitar os lugares máis importantes a nivel paisaxístico, cultural e patrimonial.

3

Folleto: DUMBRÍA ACTIVA

#DumbríaéDeporte

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: