Rutas Guiadas ao Monte Pindo

Dende hai xa uns anos, dende o departamento de Turismo do Concello de Dumbría lévanse a cabo unhas rutas guiadas ao Monte Pindo no verán.

En 2018 tiñan lugar cada martes e xoves de xullo, agosto e setembro sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitisen.

Toda unha experiencia para gozar dunha media xornada de verán camiñando polo monte, ampliando coñecementos e sabiduría popular da man do Señor Pepe do Fieiro e culminando o ascenso cunha panorámica impresionante dente A Moa, o alto do Monte Pindo, a uns 627m sobre o nivel do mar.

GAL

REQUIRIMENTOS:

  • Inscribirse previamente no CIR Monte Pindo e Fervenza do Ézaro, na Oficina de Turismo (OIT) do Ézaro ou chamando ao 662 346 927.
  • O prazo de inscrición remata a véspera do día da ruta ás 15h.
  • Ter vehículo propio. Ter en conta que os vehículos pesados non poderán acceder pola mesma estrada que os coches; co que terán que desprazarse con antelación ao punto de inicio da ruta.
  • Menores de idade deben ir acompañados dun adulto.
  • Admítense mascotas, sempre e cando se lles leve correa, algo de beber e algo de comer.

CONSELLOS:

  • Levar roupa e calzado cómodos.
  • Levar algo de comer e algo de beber.
  • Poñer protección solar.
  • Se padeces de reacción alérxica ás picaduras de insectos, mellor pon repelente previamente.
  • Levar unha viseira/gorro/sombreiro.
  • Levar unha chaqueta/cortaventos porque no cumio soe facer fresco.

DATOS DA RUTA:

  • Saída: 09:00h do CIR Monte Pindo e Fervenza do Ézaro.
  • Regreso: sobre as 14:00h, dependendo do ritmo do grupo.
  • Lonxitude do trazado: 3.900 m (aprox).
  • Pendente media: 7%
  • Cota de inicio: 290 msnm.
  • Cota de fin: 627 msnm.
  • Dificultade: media-baixa.
  • +INFO DA RUTA: RUTA PEGADAS DA HISTORIA
CAMISETA
+INFO: turismodumbria@gmail.com – 662 34 69 27
#DumbríaéTurismo #DumbríaéDeporte 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: