A variedade e a calidade da materia prima que ofrece o campo e o mar en Dumbría fan que se poida gozar dunha gastronomía exquisita.
O peixe e o marisco son, sen lugar a dúbidas, a maior riqueza culinaria da rexión onde destacan pratos como a “caldeirada”. Pero tamén a carne, pola calidade dos seus pastos, que ocupa un posto destacado na súa variedade gastronómica. Tanto a gandería intensiva, con gran peso no conxunto da economía, como a caza son as garantías que aseguran pratos de gran calidade.
Ven sexa porque estás no camiño ou porque estás de visita, no Concello de Dumbría dispoñemos dunha ampla oferta de establecementos de restauración e aloxamento ao gusto do cliente.
Para descansar, destacan as pensións rústicas, os albergues privados e públicos, as casas de turismo rural e as vivendas turísticas. Toda unha grata experiencia no rural para desconectar do agobio da vida urbana.
#DumbríaéTurismo
Deixar unha resposta