Oficina de Turismo do Ézaro

A Oficina de Turismo do Ézaro, Dumbría, é unha das poucas oficinas de turismo que está aberta ao público durante todo o ano. É un lugar onde o visitante pode achegarse para coñecer un pouco máis sobre o Concello de Dumbría, sobre o xeodestino Costa da Morte e sobre a provincia da Coruña. Aquí informamos, asesoramos e tratamos de facilitarlle a estadía e/ou visita dos que ata alí se acheguen.

 
 
 
 
Horario de inverno 2022*:
  • De martes a sábado: 10:30 – 13:00 e 16:00 – 18:30h
 
Horario do verán 2022*:
  • De martes a xoves: 10:00 – 14:00  e 16:00 – 20:00h 
  • De venres a luns: 10:30 – 13:30h e 16:00 – 18:30h

*Prevención, hixiene e desinfección debido á COVID-19 ‼ OIT + COVID19

 
Teléfono: 662 34 69 27 
Web Turismo: www.dumbriaturismo.com 
 
 

A OIT do Concello de Dumbría está localizada no lugar do Ézaro, a carón da desembocadura do Río Xallas ou Río Ézaro, aos pés da Fervenza do Ézaro e no cruce da estrada que ascende cara o Mirador do Ézaro.

1624635164656

Ofrece información sobre a zona en varias linguas (galego, castelán, inglés e francés). Onde comer, onde durmir, qué visitar, qué actividades facer, onde hai festa, …. Todo isto e moito máis é o que ofrece a OIT o Ézaro – Dumbría.

Nesta oficina poderás atopar e levar contigo material turístico da rexión, guías, mapas e folletos. Ademais conta cun área de exposición de artistas locais así como todo o que precises para gozar dunha visita agradable en Dumbría e na Costa da Morte.

Ademais do ámbito turístico, nesta oficina calquera usuario pode reservar a súa quenda de Pádel.

 

Ven, descobre, goza, divírtete, reláxate,

descansa, pérdete, asómbrate,… e lévao todo.

Un anaquiño de Dumbría coarase na túa maleta.

“Dumbría, llévatela”

 

#DumbríaéTurismo 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: