Museos e Centros de Interpretación

Os centros de interpretación teñen por obxecto crear, en quen acode a eles, unha sensibilidade, unha conciencia, un entendemento, un entusiasmo, un compromiso, etc cara o recurso que é interpretado.

Para cumprir a misión teñen que revelar ao público os significados e as interrelacións do patrimonio natural e cultural, para iso conta con recursos expositivos e interpretativos clásicos, visitas guiadas e percorridos sinalizados, ademais doutras actividades de sensibilización ambiental.

En definitiva, nacen para conseguir xerar experiencias atractivas para os visitantes, máis alá da mera observación que é a función principal dun museo.

#DumbríaéTurismo #DumbríaéCultura

Blog en WordPress.com.

Subir ↑