
Este percorrido está impregnado de antigas tradicións que reflectían os restos dunha cultura ancestral de ritos animistas e de lendas como a do vakner, o monstruo que deveraba peregrinos e que habitaba en Buxantes, ao pé do petróglifo de Pedra Ancha.

No Santuario da Virxe das Neves ou Fonte Santa (s.XV) hai unha fonte cuxas augas son beneficiosas para a lactancia “animal e humana”.
Estas terras ocultan en cada recuncho vestixios do pasado, dun impresionante patrimonio histórico e arqueolóxico, salpicado de mámoas, castros, dolmens, restos da romanización e das guerras napoleónicas.
FOLLETO CAMIÑO: Camiño Stgo-Fisterra-Muxía
#DumbríaéCamiño #DumbríaéTurismo
Deixar unha resposta