🗺 Chan das Lagoas -ED

Directo emitido desde o Chan das Lagoas, en Berdeogas, o punto de maior altitude do Concello de Dumbría, 530 msnm.

Aquí atópase a Estación de Control Marítimo, que pertence ao Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra, un dos cinco mellores radares de control de tráfico marítimo do mundo. Foi construído como consecuencia do Prestige.

Explora Dumbría no Chan das Lagoas – Berdeogas – Dumbría

Aquí atoparás un impresionante miradoiro desde onde ver os montes de Malpica, o val de Soneira, a comarca do Xallas, a serra do Barbanza, o Monte Pindo, o cabo Fisterra, o litoral de Muxía, … En días despexados, as antenas do Monte Pedroso en Santiago e o Pico Sacro de Boqueixón.

O Chan das Lagoas real está noutro lugar, a uns 1.600 m deste punto, onde nace o río Hospital. Este lugar era coñecido como o Alto da Cruz de Cabral. Pero tamén hai quen lle chama o Balcón da Costa da Morte.

Lugar estupendo para gozar dun día sen vento e despexado!


#Dumbría #DumbríaéTurismo #ExploraDumbría #ChanDasLagoas 

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑