🗺 Ponte Peón -ED

Hoxe falamos dun dos recunchos máis importantes do Concello de Dumbría a nivel patrimonial e que está agochado nunha excepcional paraxe natural, próxima ao lugar de San Crimenzo.

As obras de ampliación e mellora do salto de Castrelo no Río Xallas comezaron en 1947 coa construción dun canal de 3x4m de sección nun traxecto de 6.800m tendo que salvar once túneles e un viaduto de 20m de altura, coñecido como A Ponte Peón.

Explora Dumbría na Ponte Peón – San Crimenzo & Santa Uxía – Dumbría

As condicións de traballo eran moi malas e moitos dos obreiros enfermaron por silicose, causando moitas mortes aínda despois de finalizada a obra. As parroquias máis afectadas foron as de Buxantes (Dumbría) e Arcos (Mazaricos), rara era a aldea que non tiña algún familiar falecido por esta causa.

Tanto a presa coma o viaduto, de tres piares centrais unidos con arcos de medio punto, foron construídos de cantería por un grupo de canteiros de Ameixenda baixo as ordes do empresario Rosalino alá polo 1950. Os capataces eran José e Joaquín Castro, máis coñecidos como “Os Baiñáns“, naturais do Ézaro e que tiñan tal alcume porque súa nai era de Baíñas (Vimianzo).

#Dumbría #DumbríaéTurismo #PontePeón #ExploraDumbría

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑