
🌞👧👦Chegou o verán e con el unha nova sección nas redes sociais do Concello de Dumbría:
DIVERCONCO!
Este ano non vai ser posible desenvolver as actividades estivais que faciamos no Conco, polo que o equipo de Cultura do concello vai levar O Conco á vosas casas.
Achegarémosvos vídeos con 🎲🎳 xogos de mesa, 👩🔬🧪 experimentos, 🎨 manualidades, 👨🍳 cociña, 📕 contacontos, 🤹♀️ xogos populares,… que podedes compartir en familia.
Serán actividades facilmente adaptables a tódalas idades, aínda que nalgunha delas vos recomendaremos ter a axuda dunha persoa adulta.
Agardamos que sexan do voso gusto e desexámosvos un moi feliz verán!
#DumbríaéCultura #diverconco #veránseguro #covid19