Dumbría en B/N_Fotografía

(Preme no enlace para ver todas as fotos)

O Concello de Dumbría está levando a cabo un proxecto chamado  DUMBRÍA EN BRANCO E NEGRO, unha iniciativa que solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas para recoller unha ampla mostra de fotografías  antigas do noso concello.

O obxectivo é recuperar imaxes da historia de Dumbría para que pasen a formar parte do Arquivo  Municipal e organizar unha exposición que percorra as Casas de Cultura do concello e poder tamén difundilas noutros medios. 

ORQUESTA LIRA de Dumbría ( 1947-1956). Foto de Modesto García Quintáns

 O concello pretende ter unha memoria gráfica dos espazos rurais, as casas, a xente, as actividades labregas, gandeiras, forestais ou mariñeiras; os momentos de ocio, as festas, a escola,  e os acontecementos máis salientables  de cada parroquia ó longo de todo un século.

Preténdese documentar escenas típicas da Dumbría do pasado, amosar xentes que noutrora habitaron as nosas terras.

Aquelas persoas que teñan fotos antigas e que estean dispostas a que estas pasen a formar parte do arquivo municipal pódense poñer en contacto co Departamento de Cultura do Concello de Dumbría no seguinte correo electrónico: dumbriaecultura@gmail.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: