Os topónimos son os nomes propios dos lugares. No Concello de Dumbría hai tantos como lugares, pero logo de revisar algúns estudos sobre a toponimia, cabe falar dalgúns deles.

Antes de citar algúns dos topónimos do concello é necesario falar da clasificación dos topónimos segundo a súa natureza:
- Agrotopónimo: baseado nos nomes das prantas.
- Ecotopónimo: baseado nas construccións humanas.
- Fitotopónimo: baseado nas actividades agrarias.
- Haxiotopónimo: relacionado coa relixión e con diferentes concrecións socioculturais.
- Hidrotopónimo: relacionado coa auga.
- Litotopónimo: relacionado coa pedra.
- Orotopónimo: relacionado co solo e cos diversos accidentes do terreo.
- Zootopónimo: baseado nos nomes dos animais.
- Antrotopónimo: formado a partires dun antigo nome de persoa.
- Etnotopónimo: formado a partir dun antigo etnónimo; é dicir, do nome co que se coñecía unha determinada colectividade ou grupo étnico.
- Haxiotopónimo: formdo a partires do nome dun santo.
- Xentilicio: formado a partir doutros topónimos.
ALGÚNS TOPÓNIMOS DO CONCELLO DE DUMBRÍA
- CASTRO: (Ecotopónimo) deriva da palabra latina CASTRUM que se podería entender como “castelo forte, fortaleza“.
- CERNADO: (Agrotopónimo) deriva da palabra latina CINERARE, que se vincula co “queimado, incinerado, reducido a cinzas“.
- DUMBRÍA: (Ecotopónimo) deriva da palabra DONOBRIA ou DUMBRIGA, que se relaciona con “outeiro fortificado, altura fortificada, castro“.
- ÉZARO: (Hidrotopónimo) deriva da palabra ISARO ou ESAR. O prefixo IS- significa “moverse rápida e violentamente” e é o que lle da nome á corrente fluvial.
- FIGUEIROA: (Fitotopónimo) deriva da palabra latina FICARIOLA ou FIGUEYROA e está vencellada á árbore dos figos: a figueira.
- OLVEIRA e OLVEIROA: (Fitotopónimo) derivan da palabra latina ULUARIA e está vencellada ao froito da oliveira: a oliva. Os dous pobos teñen a mesma orixe debido á súa proximidade, tan só 3km de distancia entre eles.
- REGOELLE: (Antrotopónimo) deriva da palabra latina REGULELLI que se relaciona con “Régulo, rei dun estado pequeno ou ave pequena“.
- SALGUEIROS: (Fitotopónimo) deriva da palabra latina SALICARIOS que se vincula coa árbore “salgueiro“.
- SANTA UXÍA: (Haxiotopónimo) deriva da palabra latina SANCTA EUGENIA.
#DumbríaéPatrimonio #DumbríaéCultura